XEOLOCALIZACIÓN
HISTORIA
Sendeiro de 6,45 km de lonxitude total. O extremo máis oriental parte da mesma praia de Montalvo, na súa marxe dereita, a máis grande do municipio. O extremo occidental levaranos ata o miradoiro que se atopa entre as praias de Major e Pragueira cunha perspectiva impresionante e unha panorámica única a mar aberto e ao resgardo natural das illas de Ons e Onza ou Onceta, que forman parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas.
Este sendeiro transcorre en certos tramos a unha mínima altitude de 5-9 metros, para alcanzar noutros ata 53 metros, o que nos outorgará unhas vistas incribles e únicas.
TEMPO ESTIMADO
2 HORAS
DIFICULTADE
MEDIA
TIPO DE PERCORRIDO
IDA E VOLTA
COORDENADAS INICIO/FIN
42.39461, -8.77894
LONXITUDE
6.45 KM
DESNIVEL
175 M
INICIO DA RUTA
Acceso dos cámpings da praia de Montalvo
FINAL DA RUTA
Acceso dos cámpings da praia de Montalvo
TIPO DE RUTA
LINEAL
PARROQUIA
Adina, Noalla