XEOLOCALIZACIÓN
HISTORIA
Pequena capela de estilo románico construída a finais do século XII, considerada como un dos templos máis lexendarios das Rías Baixas.
Localizada nunha das esquinas da praia da Lanzada, onde se sitúan dous areais separados por dúas pequenas penínsulas, a punta do Outeiro das Lapas e a ermida da nosa señora da Lanzada.
Nesta parcela consérvase a ermida que formaba parte dunha fortaleza medieval de defensa costeira. Constituía un antiguo sistema defensivo xunto con as torres de Oeste, en Catoira, e coas de San Sadurniño, en Cambados, para facer frente as incursións vikingas e normandas.
De construción simple, está adornada cun falso arco apuntado e un rosetón. Ao redor desa ermida existen innúmeras lendas relacionadas co mar.