IDIOMAS

SENDEIROS TURÍSTICOS

RUTA DOS CARBALLOS DE ALDARIZ

BUSCADOR

XEOLOCALIZACIÓN

HISTORIA

A ruta dos Carballos de Aldariz discorre pola zona máis alta de Bordóns, partindo da parroquia de Padriñán, concretamente do lugar de Aldariz.

O panel de inicio encóntrase ao lado dun peculiar lavadoiro e vai subindo pola aldea ata penetrarse no bosque. Pola ruta encontraremos flora típica desta zona como carballos, loureiros, castaños, acivro, pinos e tamén eucaliptos.

Polo camiño atoparemos puntos de interese como o Con Ventureiro, enorme mole de pedra con con gran significado para os veciños e onde se celebra unha romaría o luns de Pascua.

A ruta segue subindo e pasa por unha zona onde se situaban uns dólmenes chamados Chan da gorita e comeza a baixar cunhas espectaculares vistas sobre a ría ata que pasamos pola aldea de Bordóns, moi ben restaurada e visitamos os muiños de Bordóns e o seu lavadoiro para subir á igrexa parroquial de San Pedro de Bordóns, unha pequeña igrexa parroquial.

Trátase dunha ruta circular de 6.300 metros e a altitude mínima é de 72 metros e a máxima, de 234 metros. Este carreiro conta con paneis informativos que dividen en dous partes a ruta para dar a oportunidade de facela en dous tramos.

TEMPO ESTIMADO

1 HORA E MEDIA

DIFICULTADE

MEDIA

TIPO DE PERCORRIDO

CIRCULAR

COORDENADAS INICIO/FIN

42.40871, -8.78922

LONXITUDE

6.30 KM

DESNIVEL

208 M

ALTURA MÁXIMA

234 M

ALTURA MÍNIMA

72 M

INICIO DA RUTA

LAVADOIRO DE ALDARIZ

FINAL DA RUTA

LAVADOIRO DE ALDARIZ

TIPO DE RUTA

CIRCULAR

PARROQUIA

Padriñan, bORDÓNS

PUNTOS DE INTERESE

VIDEOS 360º