XEOLOCALIZACIÓN
HISTORIA
Praia de área branca e fina no municipio de Sanxenxo, cunha lonxitude de 1000 metros e un ancho medio de 100 metros , limitada na súa marxe dereita pola punta de Montalvo e polo esquerdo por punta de Paxariñas.
Un pequeno regacho que nace en Arra verte as súas augas na praia dividindo esta en dúas aínda que con escaso capital (ás veces nin chega directamente ao mar) e algunha vez fórmase unha pequena lagoa.
A Praia de Montalvo tamén é propicia para practicar deportes acuáticos como o surf ou bodyboard, é unha das praias favoritas para iniciarse nestes deportes.
De fronte vemos a ría de Pontevedra, as illas Ons e Cies. Alén do seu areal, a praia é coñecida polas súas fermosa dunas, onde se mesturan a flora e a fauna autóctona endémica, lugar de cría de moitas aves acuáticas da zona e as vistas ao Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, xa que aquí podemos observar as illas de Ons moi preto, ademáis das illas Ciés no horizonte.
Conta cun sistema dunar, que é unha acumulación de area xerada polo vento por iso posúen unha forma suave e uniforme.
As dunas son unha reserva de area para unha praia. Os vento do inverno levan a area ata a duna e no verán e introducida de novo na praia. Se non existisen as dunas, a area da praia sería desprazada lonxe e perderían a area ano a ano.
Por iso é tan importante a conservación delas, xa que as dunas soportan o sal, o vento, a falta de auga … pero non resisten que as pises.
SOCORRISTA
SI
TRANSPORTE PÚBLICO
SI
BANDEIRA AZUL
SI